As mulleres obterán ferramentas para traballar a autoestima co programa “Tecendo Autonomía”

 

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera convida a todas as mulleres a participar no programa “Tecendo Autonomía” que se desenvolverá do 13 ao 29 de novembro de 10 a 12 horas na biblioteca municipal.

Dirixido a mulleres que busquen ferramentas para traballar e reforzar a autonomía e a autoestima a través do traballo en grupo. 

A concelleira adianta que nestas xornadas desenvolveránse técnicas para relacionarse en igualdade e para autocoñecerse.

Tamén se facilitará un espazo que fomente as relacións igualitarias e tratarase de coñecer e reflexionar sobre a construción social da desigualdade. 

Este programa de acompañamento que durará doce horas, é unha das accións máis que esta concellería desenvolve ao longo do ano ofrecendo formación, información e concienciación a través de distintas campañas de sensibilización, cursos e programas específicos para toda a cidadanía ao lono de todo o ano. 

Todas as interesadas deberán inscribirse no enderezo electrónico  axenteigualdade@ponteareas.gal ou no teléfono 986644653 ou no Cim en Rúa Oriente 8, 2º andar.