As letras do hip hop, do punk e do rap comprometen á Feira Vella no “Música Rebelde”

O Concello de Ponteareas a través das concellerías de Cultura e de Xuventude presenta os concertos do “Música Rebelde” que terán lugar o vindeiro venres día 1 de setembro de 2017 no parque da Feira Vella.
A cita co punk e o hip hop será a partir das 22:00 horas.Os asistentes poderán desfrutar ao ritmo do hip hop de SonDaRúa ou do punk de Skandalo GZ para rematar rapeando as letras de Rebeliom Do Inframundo..
É a primeira vez que estes tres grupos comprometidos coa sociedade do momento coinciden nun mesmo escenario.
Tras pasar por festivais de toda España e Portugal chegan á Feira Vella as letras crudas e realistas destes grupos nacidos en Ponteareas e que rebelan a inquedanza da mocidade pola actualidade e as gañas de aportar o seu gran de área na evolución e cambio de Ponteareas.