As familias con ingresos limitados e afectadas económicamente pola COVID-19 serán as beneficiarias destas axudas para adquisición de libros e material escolar
Esta nova convocatoria engade como novidade a posibilidade do pago anticipado
A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que xa se poden solicitar as axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2020/2021 destinadas ao alumnado matriculado en 4º, 5º e 6º de infantil, FP básica, ciclos formativos e bacharalato.
A concelleira explica que as bases foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e que a partir de mañá xoves día 2 xa se poden ir presentando as solicitudes para estas axudas que están destinadas ás familias con ingresos limitados que non dispoñan de ningunha outra axuda, contribuirán na adquisición de libros de texto e material escolar.
A concellería de Educación destinará, novamente, un total de 20.000€ engadindo como beneficiarias nesta convocatoria ás familias que viran a súa economía danada como consecuencia da COVID-19. Outra das novidades é que se poderá solicitar o pago anticipado das axudas para que no momento da adquisición dos libros e do material as familias teñan liquidez.
As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal dirixidas á Concelleria de Educación, Eventos, Saúde e Consumo dende mañá ata o 18 de agosto de 2020 (ámbolos dous días incluídos).
As familias interesadas poden consultar as bases e descargar os formularios na pestaña “Ensino, convocatoria axudas” ou seguindo esta ligazón
https://ponteareas.gal/servizos/ensino/convocatoria-axudas/