As empresas adxudicatarias paralizaron as súas obras en Ponteareas

Como consecuencia do decreto 10/2020 de paralización dos servizos non esenciais as empresas adxudicatorias que realizaban obras en Ponteareas procederon ao peche das mesmas perimetrando a zona de actuación, retirando as maquinarias e comprobando que se garante a seguridade. O goberno do BNG-PSOE vela polo cumprimento da orde aprobada polo Goberno do Estado de paralizar todas as actividades agás as de subministros básicos á cidadanía durante o estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19.

O goberno local deu traslado ás empresas adxudicatarias das medidas adoptadas polo goberno do Estado e adiantan que vixilarán o cuprimento de todas as medidas precisas para facerlle fronte ao COVID-19 e volver o máis axiña posible á normalidade.

O goberno explica que durante o desenvolvemento das obras de humanización do tramo auditorio-praza de abastos detectáronse fugas de augas fecais nunha tubaxe de saneamento a seis metros de profundidade que xa foron inspeccionadas por unha empresa especializada contratada polo Concello, que ademais procederá a súa reparación en canto se levante o estado de alarma. Estas perdas de auga que poderían provocar danos no solado serán executadas en tres días para que seguir despois co remate das obras de humanización.

Alcalde e concelleira adiantan que os e as traballadoras do Concello seguen teletraballando e prestando servizos básicos para a cidadanía que ademais dispón na páxina web do Concello dun directorio de teléfonos e correos electrónicos a través dos que realizar as súas xestións urxentes.