As e os pequenos non amosan ganas de saír á rúa?

Hoxe no botón “Recursos lúdicos e educativos” da páxina web do Concello compartimos algúns consellos para afrontar a desescalada e boas prácticas á hora de saír a rúa cos e coas cativas. Para que todos e todas xuntas consigamos volver á normalidade o antes posible é imprescindible ser responsable e atender ás indicacións das autoridades. 

Podes acceder a estes recursos premendo directamente  nesta ligazón file:///C:/Users/76902343A/Downloads/Recursos%20educativos%20(14).pdf

 

Periodicamente a concellería de Educación, en colaboración coa mestra Susana Lamela, actualiza esta ferramenta que toda a cidadanía pode atopar na páxina web do Concello http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Recursos-educativos.pdf

Apps de xogos para IOS, Android e On Line, vídeos e enlaces a páxinas de interés axudarán a sacarlle o máximo partido a este tempo de permanecer nos fogares con actividades grupais e individuais.

Aprender xogando é o obxectivo desta iniciativa da Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, que pretende ser un complemento didáctico para o tempo de lecer, ao marxe das tarefas pautadas polo profesorado para todo o alumnado.