As contas xerais do ano 2014 pódense consultar no departamento de intervención

Poderán ser analizadas por todos os veciños e veciñas que o desexen até o vindeiro 28 de setembro, inclusive

Até ese día será posible presentar as reclamacións, reparos ou observacións que os interesados estimen oportunas

concelloAs contas xerais do Concello de Ponteareas do ano 2014, cuxo informe foi emitido favorablemente pola Comisión de Contas e Facenda o pasado 27 de agosto, poden ser consultadas no departamento de intervención, situado na planta baixa da Casa do Concello, até o vindeiro 28 de setembro, inclusive.

Todos os interesados teñen ata a mencionada data para presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas. De haber reclamacións, estas serían analizadas pola Comisión de Facenda e resoltas pola corporación no pleno municipal, que será o órgano encargado de aprobar definitivamente as contas do ano 2014.

A concellería de Facenda e o goberno local continúan deste xeito levando a cabo a tramitación co tempo preciso para que o Consello de Contas e o Tribunal de Contas reciban as contas do Concello de Ponteareas nos prazos esixidos, garantindo así que o municipio non sufra maiores bloqueos.