As alumnas do curso de ioga recibiron os seus diplomas

As participantes no curso de “Ioga” organizado pola Asoc. Cultural Centro Cultural de Cillarga recibiron onte os seus diplomas da man da deputada Olga Garcías.

Este curso enmárcase dentro do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra que ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. 

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.