As alfombras de Ponteareas presentes na Semana Santa da cidade portuguesa de Braga

O Concello de Ponteareas promocionou as alfombras florais do Corpus na Semana Santa de Braga realizando unha mostra nun dos puntos máis céntricos da cidade e do paso da procesión donde se congregan milleiros de visitantes. Membros do goberno e alfombristas confeccionaron unha mostra dunha alfombra ponteará con elementos naturais.

A concellería de Turismo e Cultura de Ponteareas, dirixida por Hortensia Bautista, repartíu información sobre o patrimonio natural e histórico da cidade e convidou a milleiros de visitantes a participar nas actividades programadas para as festas do Corpus Christi de Ponteareas. 

A terceira cidade máis importante de Portugal brindou o seu apoio á arte floral de Ponteareas recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional e que se atopa inmersa na solicitude BIC (Ben de Interese Cultural) pola súa longa tradición, pola capacidade da transmisión popular ao longo dos anos dunha arte efímera e por ser un ben do pobo mantido no tempo polos alfombristas xeración tras xeración.