Artur Novelhe presenta o libro “(No) Meio (do) Oriente”

Cartel Artur Alonso NovelheO xoves, 9 de abril, ás 20:00 h. na Sala Multiusos da Biblioteca Municipal de Ponteareas,  terá lugar a presentación obra de teatro de Artur Alonso Novelhe, titulada “( No ) Meio ( do ) Oriente”.

Este novo título que sae do prelo será presentado por Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, quen amosa a súa satisfacción pola presentación en Ponteareas dun novo título dun escritor que ten gran relación con Ponteareas por mor do traballo profesional que desenvolve na vila do Tea, sendo xa o segundo título que presenta ante o público ponteareán.

Artur Alonso Novelhe, nado en México, é residente en Ourense, activista no Clube dos poestas vivos, e un profundo coñecedor da arte pechada nas palabras. Cando lemos o seu traballo quedamos sorprendidos polas mentes dos seus personaxes. Personaxes complexos e exquisitos, dotados da  seriedade da vida que pesa como unha lousa mortuaria. Trátase pois dunha obra moi especial e atrevida que rompe cos canons establecidos.