Arrincou o VIII Festival Groba!!!

O auditorio municipal daba onte a benvida á oitava edición do Festival Groba que arrincou cos concertos da Orquestras de Cámara Galega e as actuacións das solitas Kyounmin Park, Laura Lorenzo e Alba Reirís interpretando partituras de Telemann, Shubert, Bruch e, como non, do mestre Rogelio Groba Groba.

O alcalde de Ponteareas Xosé Represas e a deputada provincial de cultura, María Victoria Alonso, foron os encargados de abrir esta oitava edición que hoxe visita o convento de Canedo con concertos ás 11 e ás 21 horas. Anastasia Kobekina, ao cello, interpretará suites de Bach. Mañá luns a música de cámara tomará de novo o escenario do auditorio municipal donde escoitaremos a Gema Arias estreando a obra de Groba “Soatiña”, a Laura Lorenzo, Pablo Vidal, Kyoungmin Park e Anastasia Kobekina con obras de Mozart e a Josef Spacek e Federico Colli con obras de Beethoven. 

O Festival Groba continúa ata o vindeiro día 21, consultar o programa completo aquí https://www.festivalgroba.com/ga-conciertos