Arranca o Campus Tea e o Verán Rural con máis de catrocentos pequenos e pequenas

A concellería de Ensino e Participación Cidada que dirixe Cristina Fernández deu a benvida ao alumando participante no Campus Tea e no Verán Rural que durante a tempada estival aprenderán xogando e descubrindo o seu entorno das mans dos monitores do campus.

Catrocentos cativos e cativas de entre tres e doce anos poderán desfrutar do verán con obradoiros, actividades deportivas, excursións, xogos…

Esta iniciativa da concellería de Ensino facilita a conciliación familiar e da a oportunidade aos pequenos e pequenas de socializarse e adquirir maior autonomía ademais de descubrir recunchos especiais da nosa vila.

A concelleira repartíu entre todos e todas as participantes unha camiseta coa que poderán ser mellor recoñecidos nas saídas didácticas.

Cristina Fernández agradece ás familias a confianza depositada e desexa que todos e todas pasen un tempo de lecer agradable e cheo de boas lembrazas.