Arranca o IX Torneo de Tenis Concello de Ponteareas

O Club Tenis Ponteareas e a Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, presentaron o IX torneo de Tenis que se desputará dende hoxe venres día 1 ata o vindeiro día 10 de setembro.

Nestes días máis de cen tenistas chegados de toda Galicia pasarán polas canchas de Ponteareas para deixar na pista o mellor golpe.

O torneo terá categorías masculina e feminina absoluta, infantil e veteranos.

O presidente do Club Tenis Ponteareas, Manuel Regueira, destaca que haberá trofeos en tócalas categorías e a alta participación.

Pola súa parte, o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, deséxalles a tódolos inscritos un bo paso pola vila de Ponteareas, agardando que todos desfruten desta cita deportiva e agradeceu, do mesmo xeito, a tódolos participantes o seu interese.