Aprobado o Plan Xeral de Ordenación (PXOM)

O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) procedeu a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) con doce votos a favor e oito votos en contra. Esta aprobación provisional será trasladada agora á Xunta de Galicia para a súa posterior aprobación definitiva. Contar co PXOM é fundamental para medrar e dar garantía xurídica a diversas situacións, ademais de permitir que Ponteareas saia da paralise así o explicou o alcalde Xosé Represas no pleno extraordinario celebrado hoxe. O PXOM conta cos informes xurídicos, de intervención e da arquitecta municipal favorables.

A aprobación do PXOM arrástrase dende xuño de 2002, dende hai 17 anos. Esta foi a segunda aprobación provisional, a primeira foi en febreiro de 2016 pero o documento foi rexeitado pola Xunta de Galicia, agora unha vez axustado o plan aos requerimentos e esixencias da Xunta de Galicia, apróbase cos votos a favor do goberno de Ponteareas e cos votos en contra da oposición (PP e ACIP).

“A pesar de que non é o plan que queríamos permitirá resolver numerosos problemas pero como todos sabemos en urbanismo a última palabra tena a Xunta de Galicia, o goberno de Feijoó. Aquel documento que queríamos foi rexeitado pola Xunta posteriormente en 2017, despois da resolución de non aprobación goberno e portavoces da oposición acompañados dos técnicos mantivemos reunións coa dirección xeral de urbanismo para buscar a mellor saída para Ponteareas. Nesas reunións quedou claro que nos tiñamos que adaptar aos requerimentos da Xunta de Galicia, en definitiva ao que a Xunta impuña. Nesas reunións defendemos o crecemento de Ponteareas e sobre todo o parque empresarial da Lomba.Quedou aclarado o límite do crecemento industrial e tamén o do solo urbanístico no rural e no núcleo que figurarán como urbanizables. En resumo, tivemos que adaptar o que nós queríamos ao que nos esixía a Xunta, así en novembro do pasado ano a empresa contratada xa en 2003 para a redacción do plan entregou o documento coas modificacións exisidas pola Xunta e aínda que non correspondía un periodo de exposición pública para presentar alegacións, porque iso xa se realizara en 2013, por decisión do goberno local e para facilitar a participación e a transparencia espúxose na páxina web os cambios requeridos pola Xunta e realizáronse reunións con asociacións, empresarios e colectivos sociais, tamén puido consultarse na oficina técnica. Nesa consulta detectáronse algúns erros que foron correxidos”, explicou o Alcalde de Ponteareas.

“Contar co plan xeral é imprescindible para medrar”, continuou explicando o alcalde que espuxo de xeito resumido e a modo de exemplo algúns dos motivos polos que se debe aprobar o PXOM:

-A construción dunha nova escola infantil por fin pola que levamos agardando tantos anos quedando cada ano un cento de nenos e nenas sen praza.

-Rematar coa ameaza de indemnizacións do ximnasio do instituto Pedra da Auga

Acabar con algunhas ordes de peche ou demolición que teñen algunhas actividades ecónomícas e comerciais

-O plan é fundamental para medrar e dar garantía xurídica a diversas situacións dos nosos comercios e industria

-Permitirá regularizar a zona industrial da Lomba

Legalizar ducias de actividasdes comerciais e industriais garantindo a conservación de moitos postos de traballo

_Permitirá solucionar problemas legais que sofren moitos dos nosos comerciantes.

-Atraer novos investimentos

-Medrar as industrias existentes

Ter terreos para novos aparcamentos. parques e xardíns

– Construir o vial para o IES do Barral garantindo a seguridade peonil, vial do que tamén se beneficiará o CEIP Ramiro Sabell dando solución ao acceso ao centro.

Aforrar os cartos por indemnizacións por compromisos de anteriores gobernos

-Os terreos en Granitos pasarían a ser de propiedade municipal sen ningún coste

-Contaremos con terreos para equipamentos públicos tanto no centro urbano como no rural

-Eleminaránse do catastro fincas que non son urbanas, é dicir os veciños deixarán de pagar a contribución como urbana de fincas nas que non se poden construir

Pola súa banda a concelleira de Vías e Obras e tamén responsable de urbanismo no rural, Chus Garrote, lembraba que ao documento aprobado en 2013 polo anterior goberno se presentaron máis de 2.700 alegacións e lembrou tamén os recortes da Xunta de Galicia ao documento aprobado inicialmente no ano 2016 na zona industrial da Lomba, nos sectores urbanizables do entorno da vila, reducionista do crescimento dos núcleos do rural, recorte do coeficiente de edificabilidade. “A Xunta non apoiou o PXOM aprobado por todos os grupos e consultado coa veciñanza pero non quedou outra que aceptar os seus recortes. O goberno ten claro que todos os veciños e veciñas necesitamos un PXOM que otorgue seguridade xurídica por iso agora incluídos os requerimentos da Xunta e cos informes precisos favorables é o momento de aprobar un documento que aínda que non é o desexado permitirá medrar a Ponteareas “. 

 

aprobación