Aprobadas as bases das subvencións de apoio á cultura nas casas culturais que contan cun total de 50.000€

Conscientes da importancia dos centros culturais para a promoción das artes, da lectura, da dinamización cultural, da música e da formación, entre outros moitos aspectos, e do papel fundamental que xogan como axente socializador, a Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, adianta que xa están aprobadas as bases de subvencións de apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais do concello de Ponteareas para o ano 2019.

O prazo para tramitar as axudas que contemplan un total de 50.000€ comezará a partir do día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), momento no que o concello de Ponteareas o publicará na súa páxina web e redes sociais.

Grazas á mellora da situación económica do concello, esta partida dotouse dun 25% máis de orzamento no ano 2018 respecto aos anos anteriores. Esta subvención ten por obxecto colaborar cos gastos de funcionamento e mantemento dos mencionados centros, así como fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais e musicais que estes desenvolven dentro do seu ámbito de actuación.

Convocatoria de subvencións, que a diferencia de épocas anteriores, se realiza no mandato actual todos os anos e que se suma a outros apoios como son as actuacións de grupos locais e de realización de cursos de actividade”, afirmou a concelleira de Cultura.

Hortensia Bautista fai balance e salienta que nestes catro anos aprobáronse un total de máis de 180.000€ en axudas directas ás casas culturais e 85.000€en subvencións a bandas de música, fundacións e corais.

Só no ano 2018 destináronse máis de 25.000€ a promocionar a cultura nas parroquias dentro dos programas anuais de Circuíto Cultural e Cultura 24, ademais das subvencións directas ou por convenios”.

As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas, ou na páxina web do concello: www.ponteareas.gal, e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Ponteareas.