Aprende a retocar fotografías ou a crear publicacións na nube con CANVA na aula CEMIT de Ponteareas

Aprende a retocar fotografías ou a crear publicacións na nube con CANVA na aula CEMIT de PonteareasRemata a súa programación de xuño con dous novos cursos presenciais de balde. Inscricións no 634 238 962 ou en cemit.ponteareas@xunta.gal

 

A aula CEMIT de Ponteareas remata a vindeira semana a súa programación do mes de xuño con dous novos cursos presenciais, abertos á veciñanza e totalmente de balde.

 

No primeiro destes cursos, as persoas interesadas aprenderán a manexar aplicacións de retoque e mellora fotográfica no móbil, un curso de tres horas que se impartirá o luns 28 de xuño de 17:30 a 20:30 horas.

 

A outra actividade formativa da vindeira semana estará centrada en como crear publicacións na nube a través da ferramenta CANVA. Este curso desenvolverase luns 28, martes 29 e mércores 30 de xuño en horario de 16:00 a 17:30 horas.

 

Todos e todas as interesadas poden inscribirse nestes dous cursos achegándose ás instalacións da aula CEMIT, situadas no Centro Social da rúa Oriente; chamando por teléfono ou enviando un Whatsapp ao 634 238 962 ou enviando un correo electrónico a cemit.ponteareas@xunta.gal.

 

Dende a Concellaría de Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez invítase a toda a veciñanza a participar nestes dous cursos ou en calquera das actividades de formación informática impartidas na aula CEMIT. As veciñas e veciños interesados poden achegarse ata este centro para que a persoa responsable dos cursos poda estudar o seu perfil e as súas necesidades formativas para programar distintos niveis e contidos.