Apoio unánime da Corporación ás propostas do Gorberno de Ponteareas

O goberno de Ponteareas acada o consenso no pleno ordinario celebrado onte martes. Nesta última sesión plenaria o goberno consegue o respaldo dos grupos da oposición que de xeito unánime deron luz verde ás obras propostas polo goberno con cargo a unha parte do remanente positivo de tesourería. 

As obras na rúa Rosalía de Castro, a ampliación dun viario en Arcos, as obras de accesibilidade do auditorio, o parque infantil en Xinzo, a adquisición dun tractor con desbrozadora de brazo lateral e as obras da antiga casa de autopsias do cemiterio municipal para transformala en baños públicos, vestiarios para o persoal e un almacén obtiveron o apoio de toda a Corporación.

Grazas á mellora económica do concello, o goberno pode agora destinar un total de 392.864€ á novas obras demandadas pola veciñanza.

100% de bonificación para os vehículos de máis de 25 anos

Por unanimidade tamén foi aprobada de forma definitiva a modificación da ordenanza do imposto de vehículos para que os importes a pagar pola veciñanza sexan similares aos que se pagaban antes do 2013, ano no que o goberno do PP aprobaba a suba para financiar o préstamos do plan de axuste asinado ata 2023 e que co resultado positivo de tesoureria agora o goberno tamén cancela.

Ademais atendeuse a alegación presentada pola Asociación Cultural Club de Clásicos e Históricos do Condado para que se consideren clásicos e históricos os vehículos cunha antigüidade maior de 25 anos obtendo por vez primeira unha bonificación do 100%. 

Outra parte dese total de 1.213.430,81€ de remanente positivo de tesourería acadado polo goberno actual no exercizo do 2017, foi  para liquidar o préstamo con intereses adquirido polo Partido Popular no ano 2013 ligado ao plan de axuste que agora desaparece ao pagar os 131,568,65€ restantes liberando ao concello das obrigas que este plan impuña ; así o ratificou tamén por unanimidade o pleno da Corporación que acordou realizar unha modificación orzamentaria para pechar esta débeda. 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, destaca a importancia de que todos os grupos traballen na dirección de resolver as necesidades da cidadanía buscando dende o goberno sempre o consenso e a construción dun futuro mellor para todos e todas. 

O concelleiro de Facenda, Francisco Alonso explicou que rematou de dar de alta na contabilidade municipal as facturas anteriores a 2012.Estas facturas suman un total de 318.863,83€ e agora grazas á modificación orzamentaria aprobada por unanimidade de Corporación poderá acabar de saldada.

“Lamentablemente destinar estes recursos a estas débedas resta cartos para obras demandas pola veciñanza”.