Andaina polo Tea

andaina polo teaO vindeiro domingo 17 de maio terá lugar unha andaina polo río Tea. A saída producirase ás 10:00 horas dende a Ponte dos Remedios e a chegada está prevista para as 12:00 horas no Cristo do Piñón, en Padróns.

O percorrido permitirá gozar dunha xornada de sendeirismo a través da cal se descubrirán fermosas paisaxes e diversos elementos do patrimonio cultural e etnográfico do Concello de Ponteareas.

Todas as persoas que queiran participar poderán inscribirse a partir das 09:30 horas na Ponte dos Remedios e tamén poderán gozar dun almorzo ao finalizar o percorrido. O concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro, anima a todos os vecinos e veciñas a desfrutar da riqueza natural do municipio.