Ana Belén Fernández Melón gaña o concurso de microrrelato “O libro da túa vida”

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, comprácese en comunicar o nome dos e das gañadoras do concurso de microreelatos “O libro da túa vida”. Fernando Groba salienta a alta participación e a calidade dos traballos presentados que amosan un alto nivel de interese por este xénero.

Ana Belén Fernández Melón co relato “A illa do tesouro” fíxose co primeiro premio consistente nun vale por valor de 70€ para mercar nunha libraría local. O segundo premio foi para Sara Suárez Saavedra, de tan só doce anos de idade, co seu microrrelato “A luz do Escuro” e o terceiro premio foi para Teresa Ríos Noya con “Espello”; ámbalas dúas reciibirán un vale de 50€ e 30€, respectivamente, para canxear nunha libraría local.

Todas e todos os participantes serán contactados polo departamento de Cultura do Concello de Ponteareas para que poidan recibir o seu agasallo.