Ampliado o prazo para preinscribirse no Campus Tea Nadal

dav

Ata o 5 de decembro as familias poderán solicitar praza neste campus para nenas e nenos de 3 a 12 anos que se desenvolverá de 9 a 14 horas

A concellería de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández informa que se amplía o prazo para a preinscrición no Campus Tea Nadal 2019, unha alternativa de lecer para rapaces de 3 a 12 anos.

As preinscricións estarán abertas dende hoxe ata o 5 de decembro, ambos incluídos, e as familias interesadas poden xa consultar as bases na páxina web do concello de Ponteareas ou directamente na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/campus-tea/

Tamén se poden achegar ao departamento de Ensino do concello de Ponteareas para obter as bases e os anexos para cumprimentar de luns a venres de 9 a 14 horas.

Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro as familias disporán deste servizo de apoio que se desenvolverá no CEIP Nosa Señora dos Remedios de 9 a 14 horas.

Cristina Fernández salienta a importancia de acompañar ás familias nos seus ritmos e atendendo as súas necesidades diarias para que poidan desenvolver plenamente a súa vida familiar e laboral, facendo de Ponteareas un fogar no que as persoas sempre conten.