Ampliado o prazo para inscribirse no curso de adestrador básico de fútbol UEFA B

O concello de Ponteareas acollerá un novo curso de adestrador básico de fútbol UEFA B que equivale ao antigo Nivel 1, así o adianta a concelleira de Deportes Nahir Covelo e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol que amplía o prazo de inscrición ata o vindeiro venres día 18 de outubro.

As e os interesados poden inscribirse na páxina web da federación (futgal.es) na pestaña ADESTRADORES e despois en ESCOLA, donde atoparedes a convocatoria.

Ante o éxito da primeira convocatoria o concello e a federación volven colaborar para que nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local se ofreza esta formación para a cidadanía sen ter que desprazarse fóra da comarca.