Ampliado o prazo de inscrición para o curso de programación web que se imparte totalmente de balde

 O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, informa que se ampliou ata mañá día 25 o prazo de inscrición para o curso de “Programación web con software libre. Web development bootcamp” que se organiza dentro do proxecto MILLENNIALS, iniciativa da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, modifícanse as datas do curso que comezará o vindeiro 29 de outubro.

Destinado a persoas mozas de entre 16 e 30 anos en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil está aberto xa o prazo de inscrición. As persoas interesadas tan solo deben encher este formulario:

https://www.depo.gal/-/proyecto-millenials-acciones-formativas-programacion-web-con-software-libre-web-development-bootcamp