Alumnado do conservatorio municipal participa hoxe na sétima edición de “No Bico un cantar”

 

 

 

Alumnado do conservatorio municipal de música Reveriano Soutullo participa hoxe no encontro “No bico un cantar” que se celebrará esta tarde na contorna da catedral de Tui.

A concellería de Ensino, que dirixe en funcións Cristina Fernández, agradece o traballo do equipo directivo e do profesorado que acompaña hoxe á representación ponteareá nesta sétima edición na que máis de cincocentos pequenas e pequenos músicos de Galicia e Portugal interpretarán cinco pezas musicais fronte á praza de San Fernando ás 17:30 horas.

Estamos orgullosos do noso alumnado que ensaiou cada xoves pola tarde noite para deixar o nome de Ponteareas ben alto neste encontro anual”.