O Alcalde e a Presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial clausuraron a entrega dos V Premios BIOGA

O auditorio municipal de Ponteareas acolleu esta mañá a entrega dos V Premios Bioga “Mellor Idea Empresarial Bio”  e “Empresa Biotech máis Competitiva de Galicia”. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, Carmen Pampín, foron os encargados da clausura dos premios aos que asistíu o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que entregou uns premios que recoñecen o traballo dos pioneiros no sector e promoven o talento bio”. Ao acto tamén asistiron a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, e a Concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, ademais de empresarios do sector.

Quince candidaturas de empresas Biotech galegas (sete) e ideas empresariais biotecnolóxicas (oito) optaron este ano aos V Premios Bioga, convocados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para incentivar o impulso e o desenvolvemento de iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía e galardonar ás empresas máis competitivas do sector. 

 

A empresa ponteareá Ecocelta, foi a gañadora do premio á Empresa máis Competitiva na pasada edición. Os V Premios Bioga, apoiados tamén pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), son os únicos premios de Galicia de recoñecemento á consolidación empresarial e ao talento no sector bio. 

A primeira modalidade está destinada a firmas con traxectoria empresarial xa consolidada e con logros biotecnolóxicos. Sete compañías presentaron a súa candidatura: Sunrock Biopharma, Pharmamodelling, Laboratorios Cifga, Nanoimmunotech, Betanzos HB, Health in Code e Md Use que resultou a gañadora nesta edición.

Na modalidade de Mellor Ideal Empresarial Biotech teñen cabida proxectos innovadores ou empresas de recente creación que apostan por revolucinarios produtos ou servizos e con visión de futuro,  preséntanse oito proxectos: Biopranaworld, Sense(x), Eicpar, Food tag, La Espiral Verde, LinCbiotech, Tastelab e Mycogalicia. 

O xurado dos premios estivo formado por membros da Xunta directiva de Bioga, representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da Axencia Galega de Innovación, de Acis e os gañadores de 2016 (Ecocelta e Plataforma Tecnolóxica de Vacunas Bacterianas).