Agardámoste no roteiro literario polo centro urbano!!!

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, anima a anotarse no roteiro literario polo casco urbano de Ponteareas dentro da programación de Coñece Ponteareas, iniciativa da concellería que ofrece totalmente de balde visitas guiadas polos lugares de maior interese patrimonial e paisaxístico. 

Coñece Ponteareas supón unha oportunidade non só para coñecer a historia de Ponteareas se non tamén para descubrir recunchos con encanto tanto no centro urbano como nas súas 24 parroquias. 

O punto de encontro será a biblioteca pública municipal e a hora ás 19:00 horas. Para anotarse deberán remitirse ao número de teléfono 986 660 765  ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.es