Adrián Carpintero Muñóz gaña o II Torneo de Xadrez Intercentros

Adrián Carpintero Muñóz do IES do Barral gaña o II Torneo de Xadrez Intercentros no que participan os tres centros de secundaria de Ponteareas. A concelleira de Ensino Cristina Fernández e o Concelleiro de Deportes Benito Márquez asistiron convidados á celebración deste segundo torneo no que Héctor González Rodiño quedou no segundo posto e Roi Castro Calvar no terceiro posto, ambos do IES do Barral.

Cincuenta mozos e mozas participaron neste torneo arbitrado por Alejandro de León.