Actuación musical da charanga SDK en San Lourenzo de Oliveira no marco do programa Cultura24

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida á actuación da charanga SDK que porá ritmo ao luns festivo  no terreiro de festas de San Lourenzo de Oliveira. Será ás 13:30 horas no marco do programa Cultura24 que posibilita unha oferta cultural estable ao longo de todo o ano nas 24 parroquias.