Actuación e cea popular para o San Xoán de Pías

O torreiro da igrexa de Pías acolle a partir das 22 horas a celebración da festa de San Xoán, na que non faltarán as fogueiras e a gastronomía cunha cea popular a base de empanada, xamón asado, chourizos, rosquillas e pan e niño. A queimada será de balde e o grupo Masikal porá o ritmo musical.