No día de hoxe tivo lugar a clausura do Proxecto de Formación, Incyde, no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, que a Deputación de Pontevedra, xunto ao Concello puxeron en marcha ao longo de 8 semanas, cun total de 320 horas.
A dito acto acudiu o alcalde ponteareano, Salvador González Solla, acompañado da concelleira de emprego, Marisol Valado e de persoal docente. Ademáis da entrega de diplomas aos 38 participantes, tivo lugar a presentación dun dos proxecto sobre “agricultura ecolóxica”.
Os obxetivos de dito programa enmárcanse dentro dos obxetivos de Europa 2020, para “un crecemento intelixente, sosteñible e integrador”, promovento a formación das persoas e facilitando a súa incorporación ao mercado de traballo, dificultada pola actual situación de crisis económica e financeira. Tamén se pretende crear máis e mellores postes de traballado, impulsando medidas que permitan acadar, ademáis de integrar no mercado laboral ao 75% das persoas de edades comprendidas entre 20 e 64 anos, manter a tasa de abandono escolar por debaixo do 10%, conseguindo reducir en menos de 20 millóns o número de persoas en situación de risco de pobreza e exclusión social.
Por outra banda, tamén se introducen medidas para o fomento do emprego, integración e promoción social dos xóvenes, traballando con itinerarios personalizados.
Tratouse de proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionáis dunha empresa, para poder determinar oportunidades de mercado e desenrolar o Plan de Empresa/Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a posta en marcha.
“Ademáis de ter en en conta que, para crear unha empresa ou consolidar a súa posición no mercado laboral, fan falla moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Así como unha forte motivación, que resulta vital para acadar o obxetivo, acompañado dunha actitude emprendedora e activa”; esta foi unha das liñas nas que se traballou, transmitindo que “para que calquer proxecto sexa exitoso, o primeiro é que o emprendedor/empresario crea en dito proxecto”.
Con dito programa facilitouse a elaboración de Proxectos de Empresa/Plan de Mellora desarrollados e completos, que poidan ser utilizados para a posta en marcha ou consolidación dun negocio, ademáis de poder ser usados como argumentación de viabilidad ante entidades públicas e financeiras.