Acto clausura obradoiros de selección de persoal e busca emprego on line

PRENSAO pasado 6 de outubro, e dende la Concellería de Emprego e Desenvolvemento Local, dirixida por Marisol Valado, proceduese a entrega dos diplomas correspondentes os Obradoiros de “Selección de persoal” e “Busca emprego on line” respectivamente, realizados durante o primeiro semestre do ano, no CDL do Concello de Ponteareas.

Impartíronse un total de nove obradoiros a mais de 100 persoas, nos que se trataron temas como as  probas psicotécnicas, a entrevista de traballo, portais de emprego, busca emprego por sectores, emprego na administración pública….

Estes talleres foron impartidos a través do Servizo De Orientación Laboral do Concello (situado no CDL),  no que solicitaron asesoramento tanto na sua inserción laboral coma no terreo formativo,  mais de 500 persoas neste último ano, facéndose dito asesoramento a través de  entrevistas individuais, accions grupais,  taboleiros de anuncios do CDL e redes sociais)

Na liña das políticas activas de emprego iniciadas dende a  Conselleria de Traballo e Benestar, e a través da correspondente subvención e resolución a ORDE do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego en Galicia durante os anos 2014 e 2015, dito Servizo podrá continuar a sua andadura un ano máis e seguir ofrecendo un servizo de gran utilidade para todos aqueles cidadás que o dexesen e que complementa a laboura que dende o Centro de Desenvolvemento Local se está a levar a cabo en prol da formación e da  inserción laboral dos veciños e veciñas de Ponteareas