Achegarnos á literatura e á lectura nunca antes fora tan doado. Goza da lectura durante a corentena!!!

A biblioteca pública de Ponteareas facilita tres enlaces para a lectura en xeral. Estes días nos que debemos permanecer nas nosas casas supoñen unha gran ocasión para realizar un maior achegamento á lectura. Dispoñemos de máis tempo e, por sorte, atopámonos con moitas iniciativas para desfrutar dunha ampla oferta de libros totalmente de balde e accesibles. Achegarnos á literatura e á lectura nunca antes fora tan sinxelo.

Nas seguintes ligazóns atoparemos lectura para adultos con catálogos de libros en galego que van dende títulos actuais a obras clásicas que se poden descargar en pdf ou ler de xeito dixital.

Para descargar en pdf:

http://culturagalega.gal/lg3/lg3_documentos_tipo.php?tipo=publi 

 

Libros dixitais:

https://planetalibro.net/

 

Obras clásicas en galego:

https://epubgalego.wordpress.com/