Ábrese unha nova edición dos Xogos Florais

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas publica as bases para a terceira edición do concurso de poesía dos Xogos Florais ao que poderán concorrer todos os autores e autoras en tres categorías; infantil de 9 a 13 anos, xuvenil de 14 a 18 anos e adultos para maiores de 18 anos.

Os textos presentados deben ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e de tema é libre.
Os traballos entregaranse na Biblioteca Municipal de Ponteareas (rúa Perillana, 11) de luns a venres en horario de 8.00 a 21.00 horas. O prazo de presentación remata o 25 de abril de 2018 .

Fixaranse un total de tres premios en cada categoría e o xurado estará presidido polo alcalde do Concello ou persoa na que delegue, e integrado por persoas de recoñecido prestixio no eido da literatura galega.

Ao igoal que en anteriores edicións,  obras gañadoras  serán publicadas nun libro pasando a formar parte da historia literaria de Ponteareas.

A concellería de Cultura, que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, convida a toda a veciñanza a presentarse e participar desta terceira edición que rinde tributo a poesía. 

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/04/Bases-III-Xogos-Florais-2018.-Concurso-de-Poes%C3%ADa-1.pdf