O prazo para solicitar as subvencións que o Concello de Ponteareas pon a disposición das entidades deportivas sen ánimo de lucro do municipio comeza o mércores 15 de abril. O periodo para poder pedir estas axudas é de 15 días naturais.
O goberno municipal ten preparada unha partida de 60.000 euros con cargo ao orzamento vixente para o ano en curso. Estes cartos teñen como obxectivo apoiar ás entidades deportivas na organización de eventos así como nas actividades derivadas da súa participación en competicións comarcais, provinciais, autonómicas ou nacionais.
Na seguinte ligazón pódese consultar á documentación necesaria para solicitar estas subvencións.