Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, quere informar a cidadanía da posibilidade de realizar de xeito gratuíto os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán de xeito presencial ou en liña, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

Na modalidade presencial, convócanse cursos dos niveis Celga 3 e 4 que serán impartidos nos concellos de Pontevedra e Vigo e na modalidade en liña, a oferta inclúe os niveis 1, 2, 3 e 4.

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 4 ao 24 de febreiro de 2021.

 

Todas as persoas que estean interesadas e precisen infomación sobre estes cursos poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán información detallada sobre estas accións formativas.