Abre o prazo para o obradoiro de autodefensa para as mulleres

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, informa da apertura do prazo de inscricións para os cursos de autodefensa para mulleres que terá lugar a partir do 14 de maio e ata o 23 de maio en dúas quendas.

Dentro da programación do plan de igualdade do concello de Ponteareas ofreceránse dúas quendas; a primeira o 14 e o 22 de maio en horario de 10 a 13 horas no centro cultural de Xinzo e a segunda quenda o 16 e o 23 de maio de 18 a 21 horas no centro de desenvolvemento local en Ribadetea.

Verónica Carrera adianta que se trata dun obradoiro con tres horas teóricas e tres horas prácticas repartidos en dous días.

O prazo de inscrición remata o 13 de maio e a matrícula realizarase on line ao escanear o código QR que se atopa nos cartaces que a concelleria distribuirá por todos os edificios públicos e centros culturais das parroquias, entre outros espazos de confluencia de veciñanza.

A nosa aposta pola igualdade materialízase en cursos de formación que amplíen o curriculum das mulleres e lle faciliten a incorporación ao mercado laboral, en obradoiros para dar apoio psicolóxico e ferramentas que lles aporten seguridade e independencia tanto física como psicolóxica”, explica Verónica Carrera