Abre o aparcamento público de “Granitos” con 63 prazas iniciais que serán ampliadas ao doble

O concello de Ponteareas informa que abríu dende primeira hora da mañá estará aberta a zona de aparcamento público de balde ubicada na parcela de Granitos de Galicia e Aceros del Tea.

Logo de realizar os pertinentes traballos de limpeza e desbroce da parcela, de mellora do pavimento, de delimitar perimetralmente a zona de aparcamento, do pintado das prazas de estacionamento e da instalación de iluminación quedará aberto o parking con 61 prazas, dúas delas para persoas con mobilidade reducida e catro para motocicletas. O aparcamento ampliarase proximamente duplicando o número de prazas iniciais.

Este novo equipamento é unha realidade tras lograr o Concello a cesión de 7.300 m2 do solar das empresas, que pasará a ser propiedade municipal no intre da aprobación do PXOM. A cesión inclúe tamén o antigo edificio de Aceros del Tea.