Aberto o prazo para inscribirse no programa Depotermal

A concellería de Benestar Social que dirixe a nacionalista Veróncia Carrera informa aos veciños e veciñas que o Concello de Ponteareas ven de adherirse ao plan Depotermal da Deputación de Pontevedra que ofrece un programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos e un programa termal con pernoctación.

Os e as interesadas deberán realizar a solicitude nas oficinas do Centro Social ubicadas na rúa Oriente antes do vindeiro 18 de abril.

Poderán beneficiarse deste programa toda a veciñanza que teña nacido antes do 1 de xaneiro de 1968 ou que acredite ter a condición de invalidez, viuvedade, xubilación, discapacidade ou outras pensións. 

Deste xeito a concellería de Benestar Social convida á veciñanza a participar deste novo servizo subvencionado ao 100% pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de favorecer o benestar e promover unha vida activa e saudable. 

Toda a información poderá ser atopada nas seguintes ligazóns:

https://www.depo.gal/es/depotermal

Formulario dixital:

https://procedementos.depo.es/formularios/?depotermal

Bases:

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/02/12/2018002891