Aberto o prazo de inscrición para solicitar posto na XI Feira Tradicional dos Remedios

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas e o Centro de Recuperación da Cultura Popular comunican os criterios de selección dos postos de artesanía para a XI Feira Tradicional dos Remedios que se celebrará o 9 de setembro de 2017 e que poden ser consultados na páxina web do Concello de Ponteareas no apartado de cultura ou clikando directamente no seguinte enlace: http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2014/01/Criterios-participacio%CC%81n-Feira-Tradicional-dos-Remedios.pdf
A Praza Bugallal e a rúa Constitución acollerán de dez da mañá a oito da tarde os postos de artesáns que recrearán cos seus produtos, vestimenta e atrezzo as feiras tradicionais de principios do século XX.
Tódolos interesados en participar na feira deberán cubrir debidamente o formulario de inscrición sendo a data límite de inscrición o vindeiro 14 de agosto. A organización da feira valorará tódalas solicitudes recibidas comunicando o luns 21 de agosto os artesáns participantes e dándolle prioridade a expositores inscritos no rexistro de Artesáns de Galicia e a produtores locais que cumpram cos requisitos de dispoñer da documentación necesaria para o desenvolvemento da súa actividade.
A inscrición realizarase a través do formulario de inscrición ao que se accede a través do documento dos criterios, podendo aclarar calquera dúbida no seguinte correo: feiratradicionaldosremedios@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 600 685 573