Aberto o prazo de inscrición nas “Deporte Escolas” da Deputación de Pontevedra

A Concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, informa de que xa está aberta a inscrición para as ‘DEPOrte Escolas’ da Deputación de Pontevedra, programa que pretende iniciar no deporte aos nenos e nenas entre cinco a quince anos.
As modalidades que se ofertan na vila ponteareán son judo, balonmán e fútbol, e son totalmente gratuitas.
Tódolos interesados deberán cumprimentar a folla de inscrición que poden atopar na páxina web da Deputación ou clikando directamente no seguinte enlace: https://www.depo.es/es/deporte-escolas
Unha vez cumprimentado, deberase entregar en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL ou a través de deportes@depo.es.
Tódolos interesados poderán obter máis información no departamento de Deportes do Concello de Ponteareas.