Aberto o prazo para solicitar o uso dos campos municipais

A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, informa que xa están publicadas as bases reguladoras da cesión do dereito de uso dos campos municipais de herba artificial do concello de Ponteareas.

As bases poderán consultarse na seguinte ligazón da páxina web do concello de Ponteareas http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/08/20180801_bases-campos-de-futbol-1.pdf

O prazo de solicitude remata o vindeiro venres día 24.