Aberto o prazo para as listaxes de substitución na categoría auxiliar de clínica

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que está aberto o prazo para as listaxes de substitución na categoría de auxiliar de clínica para a residencia municipal de maiores. O prazo remata o vindeiro venres día 26 de xullo.

As bases íntegras poden consultarse na páxina web do concello no apartado “Oferta Emprego Público” “Listaxes de contratacións e nomeamentos” ou accedendo a través desta ligazón https://ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/