Aberto o prazo para a solicitude de realización de fogueiras de San Xoán en terreos privados

Aberto o prazo para a solicitude de realización de fogueiras de San Xoán en terreos privados
O Concello de Ponteareas informa de que xa está aberto o prazo para que aquelas persoas que queiran realizar fogueiras de San Xoán en terreos de propiedade privada poidan comunicalo.
As persoas interesadas en realizar fogueiras de San Xoán en terreos particulares a noite do 23 ao 24 de xuño deberán descargar este formulario e remitilo á Policía Local a través do rexistro de entrada do Concello ou de sede electrónica. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 00.00 horas do 21 de xuño.

O Concello lembra que as persoas que realicen estas fogueiras deberán cumprir de forma estrita as medidas de seguridade, como  a axeitada ubicación da cacharela, o apagado total das cinzas ou non queimar pneumáticos nin non botar ao lume recipientes con líquidos inflamábeis ou gases a presión.