Aberto o prazo de inscrición para o proxecto de Voluntariado Medioambiental e Patrimonial

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas abríu o prazo de inscrición para o proxecto de voluntariado xuvenil medioambietal e patrimonial. Por segundo ano consecutivo os participantes introduciránse na conservación dos ríos, en conceptos e prácticas ecolóxicas e gozarán de saídas medioambientais.
A matrícula está aberta a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos (aínda que se admiten doutros rangos de idade) e tódolos interesados deberán dirixirse ao primeiro andar do Centro Social de Ponteareas que ten un horario de atención ao público de 09:30 a 13:30 horas, no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal


Unha bióloga fará de fío condutor deste proxecto que ten por obxectivo formar e dotar ao alumnado de ferramentas de traballo para que logo o poidan transmitir ao resto da sociedade do seu entorno e por en valor, todos xuntos, o patrimonio histórico e natural.
Este curso de educación ambiental contempla saídas e traballos de campo que tocarán tódolos eidos da sostibilidade como o comercio xusto, o aproveitamento de plantas, as consecuencias do quecemento da agua do río para a fauna e flora que o habita, a aparición de fungos nos amieiros que os pon en perigo .
“Precisamente por esta última especie de árbore, o río Tea é un referente en Europa e está catalogado como punto LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) polo importante número de ameneiros que ten. Ensinar a protexer, a coidar e a difundir o valor desta riqueza e unha das mellores medidas de prevención. Neste obradoiro, os participantes contarán cunha bióloga experta en fitoterapia que lle abrirá motivos aspectos da ecoloxía e da bioloxía pouco coñecidos”, explica a Concelleira de Benestar Socia, Verónica Carrera.
A bióloga responsable do proxecto, Rosa M. Covelo, explica que o alumnado do ano pasado recibíu formación que lle permite e facilita a incorporación ao mercado laboral, “a formación que reciben de balde sérvelles para ampliar o seu currículo e para focalizar ou redirixir a súa traxectoria profesional”. A frase que pode resumir a experiencia da primeira edición, segundo aporta R. M. Covelo, é que o alumnado concluía dicindo que “recibiran máis do agardado”.