Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas da Deputación

O concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas “DEPOrte Escolas 2018” da Deputación de Pontevedra.

Un programa totalmente gratuito que busca promover a actividade físico-deportiva das nenas e nenos en idade escolar.

As modalidade deportivas que ofrece en Ponteareas son judo, balonmán e fútbol. Os horarios poden consultarse na seguinte ligazón https://www.depo.gal/web/edepo/-/deporte-escolas-concello-ponteareas

A inscrición é telemática e terá que realizarse na seguinte ligazón web https://procedementos.depo.es/formularios/?depo-preinscripcion-escolas

Todo aquel ou aquela que teña dúbidas sobre a inscrición pode achegarse ao departamento de deportes do concello. 

O prazo de inscrición remata o vindeiro 28 de setembro.