Aberto o concurso para a licitación das obras de mellora da eficiencia enerxética da escola infantil municipal

Co obxectivo de mellorar a calidade do servizo a concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, e a concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, informan que está aberto o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética da escola infantil municipal.

A través dun concurso aberto as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 14 de outubro ás 13 horas. O valor estimado do contrato son 83.233,07 (sen ive)

A escola infantil municipal da servizo a 115 cativos e cativas de 0 a 3 anos en horario de mañá e tarde.

Este é un proxecto subvencionado a través dos Fondos de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea enmarcado na estratexia de crecemento “Ponteareas, Hábitat Saudable”.