Abertas as inscricións para a nova edición da Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino

Abertas as inscricións para a nova edición da Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino

O 14 de maio celebra a súa terceira edición da man da Asociación Deportiva Plan C en colaboración co Concello de Ponteareas

O gran fondo cicloturista volve a Ponteareas despois do éxito das pasadas edición con data oficial: o 14 de maio. A marcha, organizada pola Asociación Deportiva Plan C en colaboración co Concello de Ponteareas, chegará con moitas novidades, entre as que destaca o cambio de trazado e dous novos percorridos, un corto de 67 quilómetros que contempla a subida a tres portos e un desnivel positivo de 1.000 metros e un largo de 123 km con subida a seis portos e un desnivel positivo de 2.150 m, converténdose así nunha marcha xa consolidade e nun referente no calendario cicloturista nacional.

A saída e chegada serán na Praza de Bugallal ponteareá e contará cun tramo inicial neutralizado e o resto a velocidade libre, pero intentando reagrupar aos corredores nos avituallamentos da Cañiza e Covelo. A marcha pasará por 9 municipios: Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, A Cañiza, As Neves, Salceda de Caselas, Tui e Salvaterra de Miño.

Cun grande éxito de acollida e participación nas edicións anteriores, a organización prevé superar este ano as 500 persoas inscritas nunha edición que estreará tamén maillot.

As persoas interesadas poden xa inscribirse a través da páxina web da Clásica Álvaro Pino. A inscrición contará cun prezo promocional de 35 euros ata o vindeiro 1 de xaneiro.