Aberta a participación para definir os usos dun novo equipamento na contorna da Praza Maior

Coa intención de potenciar o dinamismo do casco vello da Vila, e concretamente a zona da Praza Maior e a súa contorna, e dentro do programa de Fondos Feder e da EDUSI “Hábitat Saudable”, o Concello de Ponteareas ten a intención de adquirir para a súa rehabilitación algún dos edificios que na actualidade se atopan carentes de uso nesta área, para o seu futuro aproveitamento social por parte dos residentes e conxunto da veciñanza. Por este motivo, unha vez máis, o goberno de Ponteares opta pola participación e facilita à cidadanía un enlace web, un enderezo electrónico e un número de teléfono no que poidan achegar as súas propostas.

Dende fai tempo, esta parte da Vila ven amosando un contínuo deterioro habitacional, palpable no progresivo aumento de edificacións e vivendas en estado de abandono, así como un progresivo avellentamento e perda de residentes. Un fenómeno semellante ao de moitos cascos vellos doutras vilas e cidades galegas, e que ao mesmo tempo ven provocando a reacción das distintas administracións para a súa recuperación e revitalización.

Para tal fin, e dentro das liñas de actuación da Estratexia “Ponteareas. Hábitat Saudable”, nas que se acentúa a participación cidadá, pónse en marcha un proceso aberto de recollida de propostas, para que calquera persoa ou colectivo local interesadas en colaborar no plan de usos deste equipamento, realice as súas suxerencias e achegas.

A cidadanía pode aportar as súas suxestións cubrindo unha enquisa na ligazón web  https://www.participacioncidada.com/ponteareas ou tamén achegando as súas aportacións ao número de teléfono 698169128 ou do enderezo electrónico participacioncidada@ponteareas.gal e do tlf 

O alcalde Xosé Represas explica que o proceso de participación divídese en diferentes fases con entrevistas a representantes da administración local (Membros do goberno e voceiros dos grupos políticos con representación municipal, persoal técnico e traballadores municipais); encontros con representantes do tecido socioeconómico da Vila (Asociacións de veciños, comerciantes e hostalaría, entidades sociais, deportivas e culturais, colectivos vulnerables -mobilidade reducida, terceira idade…-) e consulta dixital aos locais do entorno, e mesas de traballo.

A través da web municipal poderáse cubrir a partir de hoxe martes 9 de abril, unha enquisa online coa que poder propór os futuros usos e servizos que acollerá este inmoble, unha iniciativa que se completará cun cuestionario específico para os hostaleiros e comerciantes da propia praza e rúas adxacentes, e a celebración de varias mesas de traballo que se convocarán nas vindeiras datas.