Aberta a licitación para a pavimentación do camiño do campo de fútbol de Moreira EP-4005

O goberno de Ponteareas da un paso máis no seu compromiso coa mellora de servizos no rural e nestes días abríu a licitación do proxecto de pavimentación do camiño do campo de fútbol de Moreira EP-4005, segundo informa a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote.

A través dun proceso aberto, todas as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o día 3 de outubro por rexistro de entrada para mellorar un camiño que na actualidade ten unha capa de rodadura deficiente.

O valor de licitación é de 76.412,71 € (ive incluído) que serán financiados dentro do plan MARCO e o prazo de execución dun mes logo de ter asinada a adxudicación.

Chus Garrote explica que con estas obras mellórase o acceso rodado e o día a día da veciñanza da zona ao ser unha zona moi transitada. Con esta obra asfaltaránse 1.139,94 metros de lonxitude cun total de 6.968 metros cadrados de aglomerado.

A concellería de Vías e Obras reitera o seu compromiso coa cidadanía das parroquias na procura de ofrecer uns maiores e mellores servizos públicos.