Aberta a inscrición para os vindeiros cursos da aula CEMIT

A aula CEMIT informa dos próximos cursos que comezarán a partir do día 21 e para os que xa está aberta a inscrición. Co obxectivo de ofrecer formación útil e novas ferramentas para o desenvolvemento da vida cotidiá, a aula CEMIT ofrecerá cursos en función da demanda dos usuarios e usuarias estudando o perfil das necesidades.

As e os interesados poden chamar ao número de teléfono 673 794 883, achegarse ata a aula ubicada no centro social da rúa Oriente ou enviar un correo electrónico a cemit.ponteareas@xunta.gal

Os cursos son totalmente de balde e para tódalas idades e deseñados en función da demanda que rexistre a aula CEMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica).