Aberta a inscrición para os cursos de lingua galega para obter os certificados CELGA

Aberta a inscrición para os cursos de lingua galega para obter os certificados CELGA

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa da convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Os cursos son gratuítos e desenvolveranse en liña e tamén de forma presencial na provincia en Vigo e Pontevedra. O prazo de presentación de solicitudes comeza este mesmo martes 15 de febreiro e manterase activo ata o vindeiro 7 de marzo.

 

As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán inscribirse no seguinte enlace. Cada persoa poderá inscribirse só nun único curso.

 

Todas as persoas interesadas que precisen máis información sobre estes cursos poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán información detallada sobre estas accións formativas.

 

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a sumarse a esta formación e destaca a importancia destes cursos, “unha grande oportunidade para mellorar no uso da nosa lingua e poder obter un título imprescindíbel para acceder a un proceso de oposición en Galicia”.