Aberta a inscrición para as axudas de libros e material escolar

A concellería de Ensino e Participación Cidadá informa que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para adquirir libros de texto para o curso 2018/2019.

Estas axudas están destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º,5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e bacharelato.

O prazo de admisión de solicitudes remata o 30 de setembro de 2018 e comezará a contar dende a súa publicación na base de datos nacional de subvencións.

Co obxectivo de axudar ás familias con ingresos limitados estas axudas son incompatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade.

A concellería disporá dun total de 20.000€ para axudar á compra de libros e material escolar ata un máximo de cen euros.

Os e as interesadas poden consultar as bases e obter as fichas de inscrición na pestaña “Ensino, convocatoria axudas” https://ponteareas.gal/servizos/ensino/convocatoria-axudas/

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, insiste na importancia de axudar ás familias con maiores limitacións e na prioridade de garantir o acceso a un ensino de calidade.